
O movemento veciñal galego organizado e coordinado para a consecución de obxectivos comúns.
Dende a Comisión de Traballo de Infraestruturas da Federación Limiar solicitamos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a apertura do acceso á autoestrada de Santiago dende o lugar de Santa Cruz de Arrabaldo, por ser necesario para os veciños da comarca.
O feito de non ter dito acceso, tan necesario, ocasiónalles ter que dar unha volta de 5 km.Dende a Comisión de Infraestruturas pedimos que o que se prometera en campaña electoral se cumpra e se proceda a dita apertura do acceso ao lugar de Santa Cruz.
Os intereses xerais do benestar por encima dos particulares.
MANUEL CARNERO GÓMEZ
Presidente da Comisión de Infraestruturas da
“FEDERACIÓN DE AA. VV. DE OURENSE LIMIAR”
Con motivo de ultímalas informacións sobre o futuro do Edificio que ocupou o Banco de España, que pon en dúbida que o edificio pase a mans municipais, "Limiar" quere mostrar á súa máxima decepción coa xestión que está realizando o goberno desta cidade.
Hai moitos exemplos de xestións ben distintas. Noutras cidades, estes edificios que hoxe xestiona SEGIPSA, nalgúns casos pasaron a ser edificios da administración central, albergando distintas oficinas deixando espazos para uso público e cultural da cidadanía como en Teruel, outros pasaron a ser propiedade do concello como o de Tarragona, que se vai a dedicar ao turismo, e outros como o de Cáceres albergará só as oficinas de Facenda e Catastro. En Huelva e Granada foi a Xunta a que se fixo coa propiedade dos edificios e negocia cos concellos o seu futuro.
En Ourense, e partindo da información que facilita Segipsa, o edificio tamén pasará a ser de unicamente de oficinas do estado.
O que demandan a maioría dos dirixentes veciñais e o que lle fai falta o movemento veciñal ourensá.
Máis participación dos veciños.
Unión de tódolos dirixentes.
Ser máis exixentes cos responsables de xestionar os nosos impostos
Máis compañeirismo entre tódolos que non cobramos nada polo noso traballo.
Propostas serias de traballo e defensa dos problemas de tódolos barrios e apoio a tódolos dirixentes.
Non cambiar de chaqueta, xa que iso os políticos non o perdoan.
Menos acoso e persecución aos que gañaron as eleccións co maior número de votos.
Non facerlle perder o tempo aos compañeiros en cousas estériles.
Máis respecto e máis apoio entre todos.
Máis seriedade e apoio o máis grave de cada barrio.
Saber perder, xa que as eleccións colocan a xente no seu sitio.
Manuel Carnero Gómez
Presidente "Limiar"
O movemento veciñal de Galicia rende homenaxe aos Mártires de Sobredo
Domingo, 29 de novembro de 2009
Guillarei – Tui
Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CO.GA.VE.) e Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, organizan os actos de “Conmemoración do 87 Cabodano dos Mártires de Sobredo”. Este domingo 29 de novembro a partir das 11.00 horas na parroquia tudense de Guillarei.
Esta homenaxe quere traer á memoria colectiva a resistencia heroica do campesiñado galego fronte ao pago dos “foros”, un imposto herdado da Idade Media que condenaba ao campesiñado a unha agricultura de subsistencia. Os feitos cruciais daquela resistencia tiveron lugar o 27 de novembro de 1922 cando en Sobredo (Guillarei, Tui), preséntanse Xuíz e Garda Civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o foro. A toque de campás, xuntáronse unhas duas mil persoas da bisbarra; foi ao disolver a forza pública a manifestación a tiros que tres persoas resultaron mortas.
Estes acontecementos tiveron fonda repercusión e fixeron ao goberno reflexionar e ver a necesidade de achegar unha solución ao conflicto agrario, que finalmente daría na redención dos foros. Foi grazas á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental, que condenaba en vida ao campesiñado.
Actos
11.OO h. Concentración na Carballeira de San Xosé (Sobredo) e desprazamento até o monumento aos mártires.
12.00 h. Intervención de:
- Anselmo López Carreira, historiador
12.30 h. Homenaxe á Asociación Veciñal de Lavadores
13.00 h. Clausura do acto coa Ofrenda Floral e a actuación do grupo de música tradicional da A.V. de Lavadores e invitación a viño e rosquillas
Página 2 de 5