Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalía de Castro"

O movemento veciñal galego organizado e coordinado para a consecución de obxectivos comúns.

Acordos do Consello Confederal da CoGAVe en Ferrol

O Consello Confederal da CoGAve reuniuse o sábado 24 de outubro en Ferrol. Nesta reunión acordáronse os seguinte puntos:

- Solicitar unha xuntanza coa Conselleira de Sanidade para tratar os problemas das áreas sanitarias galegas.  

- Apoiar por unanimidade a Iniciativa Lexislativa Popular pola reactivación de Astano  e o futuro do sector naval galego, promovida pola Comisión Promotora Rumbo 21.

- A COGAVE estará presente na celebración do 40 aniversario da Confederación Estatal de Asociacións veciñais (CEAV) en Madrid.

 

   

Xuntanza con D. Alfonso Rueda

Vigo, 29 de Xuño, 2009

O Vindeiro 3 de Xuño a Directiva da CoGAVe, será recibida por D. Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia Administracións Públicas e Xustiza. Nesta xuntanza trataranse temas de interese para a veciñanza.

   

Reunión do Consello Confederal

 

Vigo, 26 de Marzo, 2009

O Consello Confederal da CoGAVe reúnese o próximo día 28 de Marzo, sábado, na cidade da Coruña para tratar temas de interese xeral para a veciñanza no ámbito autonómico, entre eles o da Campaña das eléctricas.

PROGRAMA

10:00 Chegada dos membros do Consello Confederal á sede da Federación. Desprazamento dos mesmos en bus, subindo no ascensor do Monte de San Pedro.

10:40 Almorzo

11:11 Reunión do Consello Confederal da CoGAVe.

13:00 Fin da reunión e Recepción no Palacio Municipal de A Coruña.

13:15 Visita no Palacio Municipal á exposición "A muller e o traballo a partires do século XVII". Posteriormente serán recibidos en audiencia polo Excmo. Sr. D. Javier Losada de Azpiazu, Alcalde do Concello de A Coruña.

15:30 Xantar no restaurante Monte de San Pedro.

17:45 Foto de adhesión do Consello Confederal na Torre de Hércules, para reivindicar o nomeamento da mesma como Patrimonio da Humanidade.

   

Reclamacións a Fenosa

20 de febreiro, 2009

Facilitamos a todas as Federacións, Asociacións Veciñais e cidadanía afectada o impreso de reclamación polas facturas eléctricas desorbitadas que moitas persoas están a recibir por mor do sistema de facturación por estimación que están a aplicar as eléctricas.

Trátase dun modelo que simplifica as reclamacións, xa que recolle as irregularidades que presentan as facturas con estimacións á baixa e que fan que se dispare o pago do segundo mes. 

Como rechear a reclamación

Descargar a reclamación e cubrir cos datos da persoa afectada, os datos da factura estimada e da factura na que se fixo a lectura real.

Orixinais e copia da reclamación, factura estimada, factura de lectura real e resumo da facturación anual de 2008 deben presentarse nas oficinas de Unión Fenosa da localidade correspondente. Alí deben selarnos orixinal e copia, quedando a persoa afectada con copia de todo o presentado.

   

Página 3 de 5