Obxectivos

O obxectivo fundamental de COGAVE é a defensa dos intereses das veciñas e dos veciños, en especial os dos colectivos máis desfavorecidos, como son os da muller, infancia, familia, xuventude e minorías étnicas.

Para acadar este obxectivo realizamos actividades encamiñadas á promoción e creación de servizos sociais necesarios para a comunidade e a súa promoción cultural.

Os obxectivos xerais da confederación son:

  1. A consecución dos medios materiais, sociais e culturais, que fagan de Galicia un lugar digno onde vivir e convivir.
  2. A participación naquelas iniciativas, ben individuais ou colectivas, que teñan como obxectivo a consecución dalgún dos fins desta confederación, ou ben estean encamiñadas á defensa e mellora dos dereitos e liberdades públicas das persoas ou colectivos.

Ao mesmo tempo, a confederación establece como obxectivos específicos:

  1. A reivindicación constante dunha maior participación cidadá nas cuestións públicas.
  2. A loita contra a especulación do solo e a defensa do patrimonio público contra toda clase de especulación.
  3. A mellora da calidade de vida.
  4. A coordinación solidaria de todos os cidadáns na defensa dos fins desta confederación.
  5. A defensa preferente de todas aquelas persoas especialmente marxinadas e explotadas de Galicia.
  6. A defensa dos dereitos das mulleres, dentro e fóra da confederación.
  7. A procura da unidade de todos os veciños e veciñas de Galicia, e por conseguinte das súas organización representativas dentro e fóra de Galicia.
  8. A defensa do idioma galego, que será utilizado a nivel oficial pola confederación.
  9. A denuncia de situacións de inxusticia social, económica ou de calquera outra índole.
  10. A procura dunha maior calidade de vida dos cidadáns en todos os ámbito da vida diaria (cobertura das necesidades básicas, sanidade e educación pública, vivenda, educación para a saúde, etc.).
  11. A loita contra a droga.