Vogalías

As funcións de cada unha das vogalías son:

  • Vogalía de Muller:
    • Difusión dos valores de igualdade entre as persoas, sen discriminación por razón de sexo e defendendo os dereitos e intereses das mulleres.
    • Información e asesoramento na violencia de xénero.
    • Incorporación da muller ao mercado laboral, político e educativo.
  • Vogalía de Infancia, Familia e Menores:
    • Sanidade: adiccións de calquera índole, saúde sexual, enfermidades de risco, psicóticas e asistencia domiciliaria, entre outras.
    • Cultura: producións e manifestacións artísticas e literarias.
    • Deportes: prevención de malos hábitos, fomento do compañeirismo e traballo en equipo, promoción da práctica do exercicio físico.
    • Educación: transmisión de actitudes non discriminatorias, posibilitar o ascenso aos distintos niveis do ensino.
    • Vogalía de Minorías étnicas: o seu obxectivo é a protección e asesoramento dos dereitos sociais, así como as intermediacións precisas para que sexan efectivos estes dereitos. Ao tempo, esta vogalía busca a inserción na comunidade mediante o acceso ao mercado laboral, a vivenda e a educación.
  • Vogalía de Medio ambiente:
    • Protección do noso entorno, da fauna e flora autóctonos de Galicia.
    • Pular pola creación en todos os concellos da Axenda 21.
    • Creación de comisións a nivel galego compostas por todos os gobernos, entidades veciñais e grupos ecoloxistas, para así planificar accións conxuntas en defensa do medio ambiente.
    • Fomento no consumo racional.
    • Campañas de concienciación para a reciclaxe selectiva dos residuos sólidos urbanos.
    • Protección dos litorais.
  • Vogalía de Urbanismo e Patrimonio Histórico:
    • Potencia a vivenda pública en aluguer.
    • Creación dunha taxa fiscal que grave a vivenda baleira, obxecto de especulación, para que pasen a formar parte da bolsa de vivendas de aluguer .
    • Defensa do patrimonio histórico, como símbolo da nosa historia e o legado dos nosos ancestros.
    • Construción de vivendas de protección oficial, de tal xeito que a clase traballadora teña unhas condicións máis accesibles.
    • Dado o grado de urbanización que ten Galicia, dedicámoslle un especial interese á creación e procura de espazos para zonas verdes e de esparcemento dentro das cidades.
  • Vogalía de Cultura e Educación: as funcións de esta vogalía son:
    • Garantir unha ensinanza pública e de calidade.
    • Tender á gratuidade dos libros de texto.
    • Utilizar os centros escolares fóra do horario lectivo para potenciar a educación de persoas adultas e fomentar a participación activa dos nenos e nenas dos centros.
    • Fomentar o uso da lingua e a cultura galega en todos os medios.
  • Vogalía de Transporte:
    • Potenciar e fortalecer o transporte público nas comarcas, con medidas como o billete único, o servizo de bus metropolitano e o tren de cercanías.
    • Creación de novas infraestruturas.
    • Eliminación das peaxes nas áreas metropolitanas.
  • Vogalía de Benestar Social:
    • Emprego: políticas activas capaces de desenvolver novos xacementos de emprego, e elaboración de pactos de emprego local xunto coas administracións.
    • Marxinación: creación dun plan de acción integral, de carácter e xestión local, contra a marxinación. Erradicación do chabolismo.
  • Vogalía de Participación Cidadá: promover a creación de regulamentos de participación cidadá en todos os concellos, consellos territorial de carácter consultivo, con representación, como mínimo, do Goberno do concello, representantes da oposición e asociacións veciñais.