Principios fundacionais

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais defínese como unha confederación baseada nos seguintes principios:

  • Democracia amplamente participativa.
  • Claro contido de xustiza social  (dereito a unha vivenda digna, dereito á sanidade pública de calidade, dereito a un posto de traballo, dereito a un ensino público de calidade e gratuíto, dereito á igualdade entre homes e mulleres, contra os malos tratos, etc.).
  • Defensa das liberdades públicas, tanto individuais como colectivas.
  • Traballo en prol da soliedaridade, da convivencia, da tolerancia, do diálogo, do desarme e da paz e cooperación entre os pobos.
  • Ecoloxista, defensora do medio ambiente, da natureza e do patrimonio galego.
  • A lingua oficial da confederación será o galego.