REXEITAMENTO A INXERENCIAS POLÍTICAS

A Federación Limiar quere mostrar o seu máis enérxico rexeitamento a todo tipo de inxerencias políticas no movemento veciñal.

Nos últimos meses vimos detectando que persoas vinculadas a partidos políticos intentan desestabilizar o normal funcionamento de asociacións de veciños co fin de desestabilizalas e mesmo as dinamitar. Estas accións irían encamiñadas a facelas desaparecer ou a conseguir cambios nas directivas para conseguir colocar xente de confianza ou polo menos máis dócil co goberno municipal.
Sabemos que entra dentro da estratexia dalgúns partidos de cara ás próximas eleccións municipais, xa que ademais esta presión esta aumentando de forma clara no último trimestre, con vistas a conseguir eses cambios con con tempo de abondo.

Polo tanto queremos recordar que o movemento veciñal non está disposto a consentir este tipo de actitudes tan pouco edificantes e que non axudan en nada a mellorar a cidade e os barrios de Ourense que é, ou debería ser, o obxectivo de todos.

 

Comisión Delegada da

"FEDERACIÓN DE AA.VV DE OURENSE LIMIAR"