ABUSO DAS CENTRAIS ELÉCTRICAS

 

Dende a Comisión de Traballo de Consumo da Federación de AA. VV. Limiar queremos denunciar o abuso manifesto das centrais eléctricas, pola súa prepotencia no paso do recibo mensual e en facelo en calidade de consumo estimado.

Deste xeito estanse a dar casos de recibos de cargo de cantidades desorbitadas o que ocasiona graves problemas a moitos aboados con baixos ingresos e en moitos casos no paro.Dende Limiar unímonos a todos eses aboados que presentaron reclamacións nas oficinas de Fenosa.

Esiximos que se volva o pago bimensual e o control do contador cada dous meses. En defensa de tódolos aboados, a nosa denuncia polo sistema actual.

  

Benita Conde Daaira. Marzo 2010

 

PRESIDENTA DA COMISIÓN DE TRABALLO DE CONSUMO

FEDERACIÓN DE AA.VV DE LIMIAR