A FAVEC APOIA A MANIFESTACIÓN DOS TRABALLADORES DA CRUZ VERMELLA
A FAVEC pide que non se perda unha infraestrutura sanitaria en Vigo tan importante e necesaria. Unha poboación tan grande que comprende a área de influencia de Vigo non pode verse privada dunha infraestrutura que presta atención a unhas persoas que tan especificamente a necesitan. Vigo non pode perder prestacións sanitarias, senón todo o contrario, debe loitar por mantelas, melloralas e aumentalas no posible.
Pedimos unha solución que impida a desaparición deste servizo sanitario e permita a prestación dunha atención tan necesaria para estes pacientes e as súas familias.
Ante esta situación pedimos unha maior implicación de todas as administracións de cara a que a nosa cidade siga mantendo esta prestación sanitaria.
Elena González Sánchez Xosé Couñago Ribeira
Presidente FAVEC Secretario FAVEC
Abril 2010
