Select Page

Presentación

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGAVe) está integrada por sete federacións veciñais:
Na provincia da Coruña:
Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana e Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol «Roí Xordo».
Na provincia de Lugo, a Federación de Asociacións Veciñais de Lugo «Lucus Augusti».
Na provincia de Ourense, a Federación de Asociacións Veciñais de Ourense «Limiar».
Na provincia de Pontevedra: a Federación de Asociacións Veciñais «Castelao» de Pontevedra, Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo e Federación Veciñal «O Facho» de Cangas do Morrazo.
O obxectivo fundamental da CoGAVe é a defensa dos intereses das veciñas e dos veciños, e en especial os dos máis desfavorecidos (muller, infancia, familia, xuventude e minorías étnicas) no ámbito desta Confederación.
Son fins da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” a promoción e creación de servicios sociais necesarios para a comunidade, a promoción cultural da mesma, a defensa dos intereses xerais das veciñas e veciños, e do desenvolvemento de valores de convivencia, a creación das vocalías de muller, infancia familia e menores, xuventude, minorías étnicas e medio ambiente, tendentes á aparición de lazos sociais e solidariedade humana e á conservación do noso entorno.

A quen vai dirixida

Esta Páxina web pretende ser unha ferramenta útil para toda a cidadanía galega, en especial para o movemento veciñal. Ademais da consulta e descarga de documentación de interese, pódese acceder á páxina web de moitas Administracións e Entidades relacionadas, directamente dende os enlaces que incluimos, por considerar que son os máis interesantes para o noso campo de actuación.
Pretendemos que esta páxina web se vaia ampliando, segundo os intereses e necesidades que se presenten, polo que agradecemos que nos enviedes as vosas suxerencias como usuarios, utilizando o formulario de contacto, do que tamén vos podedes valer para enviarnos calquera cuestión relacionada cos intereses veciñais galegos.

Imaxes da asistencia da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana á manifestación en Santiago de Compostela en defensa da Sanidade Pública

A Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -integrante da CoGave-, Dna. María Luisa Varela Ínsula, así como Dna. Isabel Fouz Escobero, membros da Xunta Directiva / Comisión Permanente da CoGaVe - Confederación Galega...

Manifestación na defensa e mellora da Sanidade Pública

O vindeiro domingo, 12 de febreiro, ás 12h. na Alameda de Santiago de Compostela. Convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública.

A Xunta mantén o seu compromiso co movemento veciñal con 3M€ en 2023 en axudas ás entidades veciñais e outros 73.000€ á renovación do convenio con Cogave

13 nov 2022 - 05:10 Actualizado 05:19 Xunta de Galicia A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, recibiu unha das distincións entregadas hoxe na IX edición dos premios “Crer no movemento veciñal” da Confederación Galega de Asociacións...

Las asociaciones vecinales premian a la Fundación Meniños y a la alcaldesa Inés Rey

Redacción A Coruña | 13·11·22 | 04:00 La Federación de Asociaciones Vecinales de A Coruña y su área metropolitana, que preside Luisa Varela, homenajeó en Lugo, en los Premios Cogave, a la alcaldesa Inés Rey y a la Fundación Meniños por su labor. Estos...
GalegoEspañol