Select Page

Reunión da Comisión de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia (13/05/2019)

Proxecto Decreto Catálogo_GAL_3 definitivo para aprobación

O 13 de maio reuniuse a Comisión de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia, participando activamente nesta reunión a Presidenta da CoGaVe, María Luisa Varela Insua. Nesta xuntanza, a Xunta de Galicia fixo a presentación do “Proxecto de Decreto polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ó público da Comunidade Autónoma de Galicia”. Este texto é o resultado do debate realizado en diferentes reunións dos dous grupos de traballo que compoñen a Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, na que están representados diferentes sectores implicados e/ou afectados por esta normativa. O texto resultante do debate das xuntanzas dos Grupos de Traballo da Comisión de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia ten que seguir unha serie de trámites antes de ser aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia.

GalegoEspañol