A asistencia sanitaria pública é un ben social básico para as persoas e familias galegas. Son coñecidas as dificultades que presenta o noso sistema sanitario e tamén as mobilizacións existentes en atención primaria.
A realidade é que o persoal de atención primaria levamos tempo demandando a superación dos recortes dos últimos anos, con aumento de prazas e de recursos materiais e, moi importante, con cambios no financiamento e na organización da mesma. Sentímonos comprendidos por numerosos grupos e polos pacientes pero totalmente abandonados polo goberno.
Despois das mobilizacións numerosas de Vigo de decembro pasado convocouse unha folga de todo o persoal en abril que finalmente non se realizou. A falta de diálogo real por parte da Consellería de Sanidade fixo que se convocase en Vigo
unha folga de facultativos en maio e agora, o próximo día 19 de xuño, convocamos outra para o persoal facultativo en toda Galicia.
Dotar de financiamento suficiente, cambiar a estrutura de xestión, ofrecer estabilidade ao persoal eventual (para que non marchen fóra ou contratados pola sanidade privada) e convocar prazas para todo o persoal son os obxectivos básicos. Sabemos que o logro destes obxectivos precisa do apoio da sociedade galega. A nosa sanidade pública, a nosa atención primaria é un dereito que temos que protexer e fortalecer entre todos.
Por este motivo solicitamos o apoio público da súa organización ás mobilizacións que realizaremos o día 19 de xuño así como a súa participación se así o desexa (folga de facultativos de atención primaria en toda Galicia e manifestación con saída ás 12:00 de San Caetano-edificio da Xunta ata o edificio do Sergas en San Lázaro).
Táboa reivindicativa:
I. Dotación en recursos humanos:
a. Cobertura de todas as vacantes. Deberemos dispor de datos reais durante o proceso de negociación para fixar con exactitude os números. Estas prazas deberán ser obxecto dunha convocatoria especial de oferta pública de emprego a celebrar no primeiro trimestre do 2020.
b. Incremento de prazas de nova creación para dimensIonar os cupos, de xeito que se poda garantir a atención de calidade durante todo o ano: 4 horas de consulta ordinaria con 10 minutos coma mínimo por paciente; adecuación dos tempos na atención urxente e continuada, atención domiciliaria, comunitaria, docencia e investigación, seguindo as
recomendacións das organizacións internacionais. As mesmas deberanse convocar anualmente en OPE ordinaria.
II. Orzamento específico e propio de atención primaria ata acadar en 4 anos o 25%, a razón mínima de incremento anual de 3 puntos porcentuais, excluíndo o gasto farmacéutico. O primeiro incremento contemplarase no presuposto do 2020.
III. Nun prazo máximo de 6 meses, recuperar as estruturas de xestión de atención primaria, que, ao igual que as hospitalarias, disporán da capacidade de xestión orzamentaria e de recursos humanos propios.
De xeito inmediato, antes do último trimestre do 2019:
a. Garantir a derivación de presencia física a todos os sevizos hospitalarios con interconsultas preferentes de respuesta en 15 días atendidos
b. Garantir a teleconsulta en todos os servizos hospitalarios e que teña resposta telemática en 7 días.
c. Acceso á tecnoloxía diagnóstica nas mesmas condicións que os facultativos hospitalarios.
d. Protocolos e programas consensuados e de aplicación bidireccional.
IV. Incorporación de novos profesionais con contratos de continuidade cun tempo mínimo dun ano, sen condicións de dispoñibilidade obrigatoria.
a. Non creación de prazas estruturais con características das de temporalidade.
b. O 100% da carteleira de traballo facilitarase con, alomenos, un mes de antelación.
c. A cobertura das baixas de máis de 15 días seguirase facendo mediante contratos de substitución que non deberán de fraccionarse.
d. Oferta de 2 modelos de contrato diferenciados, un para atención ordinaria e outro para PAC.
V. Resolver as reivindicacións aínda pendientes do persoal dos puntos de atención
continuada:
a. Cobro de complementos de nocturnidade e festividade ao 100%.
b. Cómputo correcto de xornada.