Select Page

O 22 de xullo asistiu Lucía Vieito representando á CoGaVe á reunión da Comisión de Espectáculos e Actividades Recreativas de Galicia celebrada en Santiago de Compostela. Nesta xuntanza debateuse o texto definitivo do “Proxecto de Orde pola que se determina o horario xeral de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas na Comunidade Autónoma de Galicia”. A CoGaVe realizou múltiples achegas para incorporar a este texto, tendo en conta a necesidade de garantir o descanso da veciñanza na celebración de espectáculos públicos e na realización de actividades recreativas, aínda que moitas delas finalmente non foron consideradas para seren incorporadas ó texto final que se someterá a información pública antes da súa aprobación pola Xunta de Galicia.

CPAPX_proxecto_orde_horarios_gal PORTAL TRANSPARENCIA

GalegoEspañol