Select Page

O 29 de agosto asinouse un Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe) e as súas Federacións Veciñais. O obxecto deste Convenio é o financiamento da programación e desenvolvemento de actividades propias e gastos de funcionamento, tanto da CoGaVe como das Federacións Veciñais que a compoñen e que asinaron o mesmo.

Por parte da Xunta de Galicia, asinou este Convenio o seu Vicepresidente, Alfonso Rueda Valenzuela. Por parte da CoGaVe, as persoas asinantes foron María Luisa Varela Insua (Presidenta da CoGaVe e da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana); Jesús Vázquez Varela (Presidente da Federación Veciñal “Lucus Augusti”, de Lugo); Manuel Mosquera Rodríguez (Presidente da Federación Veciñal “Limiar” de Ourense); e Juan Manuel Loureiro Taibo (Presidente da Federación Veciñal “Castelao” de Pontevedra).

Ó rematar a sinatura do Convenio, o Vicepresidente da Xunta de Galicia reuniuse cos Presidentes das Federacións Veciñais asinantes e da propia CoGaVe, para tratar sobre diferentes temas, principalmente das liñas de colaboración entre a Xunta de Galicia e o movemento veciñal galego.

GalegoEspañol