A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe), formada polas principais Federacións Veciñais galegas, organiza tódolos anos a entrega duns premios para recoñecer a labor realizada por distintas persoas ou entidades a nivel galego.
Por segundo ano consecutivo, a Presidencia da CoGAVe recae na Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, e a cerimonia de entrega dos premios terá lugar na nosa cidade, o vindeiro 16 de novembro, no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña ( PALEXCO).
Nos días posteriores ao evento comunicaremos os premiados deste ano e publicaremos algunhas imaxes do acto.