Select Page

O Pazo de Exposicións e Congresos de A Coruña (Palexco) foi o lugar elexido o 16 de novembro para a celebración da cerimonia de entrega dos VII Premios COGAVE Crer no Movemento Veciñal, da Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro.

Ao acto asistiron máis de 200 persoas, entre elas a subdelegada do Goberno de España na provincia coruñesa, Pilar López-Rioboo; a directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Marta María Fernández-Tapias; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; a concelleira de Innovación, Industria, Empleo e Consumo do Concello de A Coruña, Eva María Martínez Acón; a presidenta da Cogave, Luisa Varela, e una amplia representación das federacións veciñais de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra y Cangas do Morrazo, asi coma os premiados desta edición.

A periodista Loreto Silvoso foi a encargada de presentar o evento.

A Alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, non estivo na entrega dos galardóns, por motivos de axenda, pero acudiu ao cóctel de benvida para saudar ós asistentes e felicitar ós premiados.

Inaugurou a gala a Presidenta da CoGAVe, María Luisa Varela, que na súa intervención afirmou que “las personas e instituciones galardonadas luchan por una sociedad mejor, más justa y feliz. Son un ejemplo a seguir y una referencia a imitar”. No día de hoxe, asegurou, “nos reunimos hombres y mujeres unidos por una causa común: la defensa de los intereses de nuestras vecinas y vecinos y, sobre todo, de aquellos que no tienen voz ni acceso a las instituciones y a los medios de comunicación. Somos la voz de los sin voz”.

Tamén adicou parte do seu discurso a recordar “a las miles de mujeres víctimas de la violencia machista y a las casi medio centenar de compañeras que fueron cobardemente asesinadas en nuestro país por sus parejas o exparejas. Desde aquí proclamo la tolerancia cero con la violencia vil y cobarde que nos masacra y animo a todas las mujeres a denunciar los malos tratos y a no tolerar la más mínima vejación. En esta lucha no estamos solas”.

As persoas e institucións premiadas este ano polas distintas Federacións Provinciais foron:

FEDERACIÓN VECIÑAL «LUCUS AUGUSTI» DE LUGO

Fernando Rois Rois

Presidente e fundador da Asociación de Veciños de Albeiros, desde a que levou a cabo numerosas actuacións en defensa deste barrio lucense. Entre elas, destaca o seu traballo para evitar a edificación de vivendas nos terreos da antiga factoría Frigsa. Hoxe, esas parcelas son un marabilloso parque urbano do que desfrutan os veciños da zona norte da cidade.

Desde hai dúas décadas, este empresario do sector enerxético tamén exerce como vicepresidente e portavoz da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo. O seu labor foi clave para conseguir importantes melloras sanitarias nas áreas de cardioloxía e medicina nuclear do hospital Lucus Augusti.

Jaime Luis López Vázquez

Avogado especialista en Dereito Marítimo e Xestión Portuaria. Comezou a súa carreira profesional en 1995 e, tras ocupar diferentes cargos en organizacións ligadas á Confederación Española de Organizacións Empresariais, no 2003 foi designado secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo.

Tamén é membro da Xunta Directiva da CEOE, da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa e do comité executivo da Confederación de Empresarios de Galicia, cargos que compatibiliza co exercicio da avogacía

FEDERACIÓN VECIÑAL «LIMIAR» DE OURENSE

Marita Souto Figueroa

Presidenta da Asociación de Veciños As Burgas, doutora en Ciencias Químicas, licenciada en Farmacia e especialista en augas termais.

Ao longo da súa carreira, ocupou cargos de dirección en varios institutos da provincia ourensá, e tamén exerceu como inspectora extraordinaria do servizo educativo de Física e Química. Publicou numerosos traballos de investigación sobre termalismo, participou en conferencias internacionais sobre a materia e ten no seu haber varios premios. Entre eles, destacan a medalla de ouro de Termatalia e dúas medallas Dr. Paul Couterier da Sociedade Francesa de Termalismo e Talasoterapia.

Tamén é vicepresidenta da asociación Amigos da Catedral de Ourense e secretaria da mesa de Termalismo do Comité Executivo Provincial do Partido Popular.

Centro Médico El Carmen

Con case 70 anos de historia, é o hospital decano de Ourense. No seu seo creouse, en 2016, a Escola de Saúde, un proxecto co que informan, de forma gratuíta, sobre hábitos de vida saudables e as últimas novidades terapéuticas. Os propios profesionais do centro imparten as charlas, nas que tamén participan fundacións de ámbito local e nacional, sociedades médicas e as principais asociacións sociosanitarias da cidade, como a Asociación Española Contra o Cancro ou a Cruz Vermella.

Nestes tres anos, máis de mil persoas participaron na Escola de Saúde. Unha iniciativa que se converteu no piar da Responsabilidade Social Corporativa do hospital e cuxa contribución á divulgación en materia sanitaria merece o recoñecemento da sociedade ourensá.

FEDERACIÓN VECIÑAL «EDUARDO CHAO» DE VIGO

Asociación Amaina para a promoción da saúde.

Esta entidade presta información, apoio e asesoramento no ámbito das drogodependencias e outras adiccións, tanto ás persoas directamente afectadas como ás súas familias. Ademais, proporciona axuda psicolóxica para favorecer cambios no comportamento dos usuarios e mellorar a súa calidade de vida e autonomía persoal. Tamén conta cun servizo de atención xurídica co que presta asistencia en detencións, elabora alegacións e acompañamento durante os xuízos.

Amaina asesora aos presos, organiza talleres de prevención en centros de ensinanza e forma a mediadores xuvenís para evitar falsas crenzas sobre o consumo de substancias tóxicas.

Asociación Bicos de Papel

Esta entidade naceu a mediados do ano 2017, froito da unión de trece familias para axudar a nenos con cancro ingresados no hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica. A misión da asociación consiste en apoiar ás persoas afectadas, ás que facilita información, acompañamento e axuda nos ámbitos psicolóxico, económico, social e educativo. Ademais, defende os dereitos destes rapaces e dos seus achegados ante as institucións e a sociedade.

Bicos de papel concede axudas económicas e de aloxamento para que as familias poidan coidar aos seus fillos nas mellores condicións. E organiza sesións de terapia psicolóxica e actividades de ocio, e dota ao centro de xoguetes, libros, televisións e videoconsolas para reducir o impacto da estancia hospitalaria.

FEDERACIÓN VECIÑAL «CASTELAO» DE PONTEVEDRA

Comunidade de Montes en Man Común de Salcedo

Desta comunidade salienta a súa loita para a recuperación do seu bosque. A primeira clasificación como monte veciñal foi en maio do 1982. Nesa clasificación quedou excluída a parcela do Común de San Martiño, aproveitada dende 1898 polo Exército. Os veciños presentaron un recurso, que foi desestimado polo Xurado Provincial. Tras sucesivos episodios xudiciais, o 16 de xullo de 2014, a Comunidade de Montes e o Ministerio de Defensa asinaron un convenio onde, previo pago dun canon anual, a Comunidade cede o uso temporal de 71 hectáreas a Administración central para o mantemento da Base Militar. Actualmente esta comunidade ten clasificadas 197 hectáreas de monte comunal.

FEDERACIÓN VECIÑAL «O FACHO» DE CANGAS DO MORRAZO

Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (Adicam)

Con 18 anos de historia ás costas, as súas metas continúan a ser as mesmas que no comezo: fomentar a detección precoz da enfermidade e hábitos de prevención. Adicam céntrase en acompañar ás pacientes e aos seus familiares durante o diagnóstico, asesorar sobre o tratamento e colaborar na rehabilitación porque, cada vez máis, o cancro de mama estase a converter nunha patoloxía crónica. Na actualidade conta con máis de 1.300 socios, un equipo de investigación propio e un grupo interactivo de pacientes que realizan actividades físicas e de estimulación cognitiva. Tamén organizan, cada ano, unhas xornadas científicas que aglutinan a distintos profesionais da sanidade e que, en 2019, celebran a súa décimo oitava edición.

FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS DE A CORUÑA E ÁREA METROPOLITANA

Fundación Adcor

Fundada no ano 1996 como unha organización sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a vida das persoas adultas en situación de dependencia. Desde entón, leva a cabo distintos proxectos que foron cualificados de interese social. Presta servizos de formación, información, asesoramento e lecer, ademais de axudar a atopar emprego e vivenda e contar con residencias para persoas maiores e con discapacidade. Os seus esforzos diríxense á procura da calidade de vida dos cidadáns en situación de dependencia e as súas familias. O traballo en equipo e a cohesión son dúas das súas claves para poder mellorar de forma continua. A fundación defende a innovación como vehículo do cambio para estimular novos comportamentos sociais.

Cidade das TIC da Universidade da Coruña

Esta iniciativa ten a súa orixe nas demandas das empresas do sector tecnolóxico para contar cun polo de innovación. As compañías do sector TIC da área metropolitana da Coruña están en plena fase expansiva,polo que necesitan novos espazos para ampliar instalacións e desenvolver servizos. A Cidade das TIC ubicarase nas instalacións da Fábrica de Armas, en Pedralonga, onde convivirán empresas, a universidade e os centros tecnolóxicos asociados. Este proxecto permitirá apoiar a industrialización nun territorio que perde peso neste eido, reter o talento local e atraer a outro de carácter internacional. Ademais, potenciará un sector empresarial estratéxico e dinamizará outros como o téxtil, o loxístico ou portuario.

En nome da Universidade da Coruña, recolle o premio o seu reitor, Julio Abalde.

FEDERACIÓN VECIÑAL «ROI XORDO» DE FERROL

Andrés Medín Fernández

Un dos fundadores da Asociación de Veciños San Xoán-Bertón, e vogal da Cogave. A súa actividade no movemento veciñal interrompeuse durante tres anos a finais da década dos 70, cando marchou a Madrid e a Barcelona para traballar como representante de artistas e produtor de espectáculos musicais. Ao seu regreso á cidade departamental, retomou a súa vinculación coa asociación e tamén comezou unha nova andaina como empresario de salas de festas e discotecas, ocupación que mantivo ata a súa xubilación. Entre 2012 e 2013 foi elixido presidente da Federación Roi Xordo, e na actualidade continúa activo na defensa dos intereses dos seus veciños.

José Tomé López

Concelleiro polo Partido Popular no Concello de Ferrol. Viviu a súa infancia e xuventude no barrio de Caranza e o seu primeiro traballo foi como pintor na construción, e tamén rexentou un local hostaleiro. Máis tarde, accedeu á función pública e pasou por varias dependencias municipais ata que foi nomeado encargado do Servizo Municipal de Limpeza. Está casado con Felisa Martínez e ten dous fillos e outros tantos netos. Apaixonado do fútbol, militou no antigo Calvo Sotelo -hoxe denominado As Pontes- e no Lemos. Trala súa etapa como xogador, continuou vinculado ao deporte como árbitro de terceira división. Na súa faceta pública, sempre intenta atender ás suxestións, problemas e inquedanzas dos veciños para mellorar os servizos da cidade.

PREMIO COGAVE

Maite Fernández Martínez

Expresidenta da Federación de Asociacións Veciñais Roi Xordo de Ferrol e, durante moitos anos, vogal da Cogave e da Confederación Estatal de Asociacións de Veciños. Maite Fernández é un exemplo a seguir, unha referencia de compromiso e honradez, unha loitadora sen descanso por Ferrol, e máis concretamente por Ferrol Vello, e polo movemento asociativo de base do noso país. A el entregou a súa vida e a súasaúde. Maite é tesón, forza e ganas. Unha muller boa, solidaria, xenerosa e entregada. Cunha firme e decida determinación de non parar ata chegar, veñao que veña, suceda o que suceda, trabállese o que se traballe, murmure quen murmure. Maite dáo todo por amor ós demais: os seus veciños, a súa cidade e o seu país. Unha persoa con principios a quen nada do que acontece ó seu arredor lle é indiferente.

Trala entrega de tódolos galardóns, tomou a palabra a repsentante do Concello da Coruña, Eva María Martínez Acón, Concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo.

A continuación, a Directora Xeral de Administración Local, Marta María Fernández-Tapias, en representación da Xunta de Galicia.

E o último discurso correu a cargo da máxima representación institucional presente no acto, a subdelegada do Goberno na Provincia da Coruña, Pilar López-Rioboo. 

 

O Coro Cantares Gallegos foi o encargado de amenizar a gala coa interpretación de: Heicho de dar, Cantiga Mareira e o Himno Galego como remate do acto, que tódolos asistentes escoitaron en pé. 

GalegoEspañol