Select Page

Venres 30 de Abril, 2021

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe manifestamos a nosa preocupación pola realidade que está a vivir –e leva sufrindo xa durante moito tempo- a cidade de Pontevedra, e con ela os seus veciños, no referente á fábrica da empresa ENCE Energía y Celulosa, S.A. situada nesta cidade galega.

A ubicación desta fábrica na capital pontevedresa supón un importantísimo e moi grave dano ó sector do marisqueo na ría de Pontevedra, ó que se traduce nun agravio irreparable en termos económicos a un sector –o do marisqueo- xa especialmente castigado e sacrificado.

Non podemos pasar por alto que tras diversas análises e estudos químicos, os resultados son claros e amosan a presenza de mercurio tanto en solos como na propia auga da ría. A propia empresa ENCE recoñeceu a existencia de vertidos deste químico á ría e o importante risco que este feito supón para a saúde humana.

Son moitos os estudos científicos que demostran que a contaminación por mercurio está directamente relacionada con diversas enfermidades, sendo o cancro unha delas. O risco para a cidadanía é innegable e inasumible.

Todo o anteriormente relatado motiva que o sector de turimo se vexa gravemente danado, e as súas consecuencias son directas e letais desde o punto de vista económico para a cidade de Pontevedra, a súa provincia, e tamén para Galicia.

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe somos conscientes da importancia para o sector madeireirero galego que ten o feito de que dita fábrica estea ubicada na nosa Comunidade Autónoma; así como tamén coñecemos a importancia do propio sector da madeira para a economía de tódolos galegos. Non osbtante, estes feitos non aminoran a nosa preocupación polo que, sen dúbida, debe ser prioritario: a saúde humana.

A contaminación medioambiental constante que supón a presenza desta fábrica para o entorno da cidade de Pontevedra e moi especialmente para a súa ría e o seu ecosistema están directamente vinculados coa saúde da cidadanía; e ésta, encóntrase sometida a un serio risco permanente por mor dos xa recoñecidos vertidos de mercurio por parte da propia fábrica.

Todo isto nos leva, a solicitar, desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, a reubicación de dita fábrica de ENCE Energía y Celulosa, S.A. para un entorno –dentro da Comunidade Autónoma de Galicia- onde non supoña un risco para os veciños.

Agardamos que a nosa petición, dada a súa importancia, sexa tida en conta polas autoridades competentes nesta materia.

Xunta Directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe.

FUENTE: PONTEVEDRA VIVA 30/04/2021

GalegoEspañol