A Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» – CoGaVe, presidida por D. Fernando Rois Rois, expresa públicamente o seu apoio á Fundación SALMA -Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia- e á súa procura de abrir un debate na sociedade actual sobre esta temática e a súa implicación directa na vida diaria de tódalas persoas.
Deste xeito e con esta finalidade, a CoGaVe acaba de enviar e difundir ós medios de comunicación un manifesto oficial de apoio á Fundación SALMA, asinado polas 7 Federacións de Asociacións Veciñais que integran a Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosaía de Castro» -Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense, Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Federación de Asociacións Veciñais «Castelao» de Pontevedra, Federación de Asociacións Veciñais «Roi Xordo» de Ferrol, Federación de Asociacións Veciñais «O Facho» de Cangas do Morrazo e Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» de Vigo- e polo propio Presidente da CoGaVe, D. Fernando Rois Rois.