O vindeiro sábado 6 de novembro de 2021, celebraremos a primeira das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencentes ó convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A xornada leva por título «Taller de autoprotección para a Muller» e será impartida polos instructores expertos e membros do clube «OVIEPOL» e a «Federación Asturiana de Luchas Olímpicas y otras disciplinas» D. Iván Rodríguez Zapico e D. Celestino Rodríguez Argüelles.
Ás 10.30h. no local da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo.