








Hoxe, sábado 6 de novembro de 2021, no local da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -Rúa Luis Ameijide, 10. Entrechán C. 27.003, Lugo- tivo lugar a presentación e primeira das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para o desenvolvemento e posta en marcha do citado programa de prevención e sensibilización da lacra social que é a Violencia de Xénero.
A presentación da xornada correu a cargo do Presidente da CoGaVe, D. Fernando Rois Rois; ademáis da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé; e do Vicepresidente e Voceiro da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -ademáis de Voceiro da CoGaVe- D. José Manuel carballo Vázquez, como representante da Federación de Asociacións Veciñais anfitriona.
Dita xornada levou por título «Taller de autoprotección para a Muller», e foi impartida polo instructor experto en Defensa e Seguridade, ademáis de membro do clube «OVIEPOL» e da «Federación Asturiana de Luchas Olímpicas e outras disciplinas» D. Iván Rodríguez Zapico.
A xornada, de máis de 3 horas de duración, contou coa receptividade e participación do público asistente -tanto feminino como masculino-, así como de diversos medios de comunicación, que comprobaron, in situ, a necesidade de coñecer as reaccións do propio corpo ante unha inminente agresión, e as medidas de prevención que se deben ter sempre en conta para a propia seguridade.