Select Page

Falece aos 54 anos o profesor pontevedrés Verísimo Pazos

 Veri Pazos. CC OO

Foi pioneiro en Galicia na defensa dos dereitos LGTBI+ ► Tamén era membro do Consello Nacional de CC OO e da Federación de Ensino

Veri Pazos era profesor de secundaria e un destacado activista polos dereitos da comunidade LGTBI+.

O sindicato CC OO informou este luns do falecemento de Verísimo Pazos aos 54 anos. Este pontevedrés era membro do Consello Nacional da organización e integrante da Comisión Exectuiva da Federación do Ensino.

En 2004 converteuse coa súa parella, Emilio Bernárdez, na primeira unión homosexual de Galicia en inscribirse no Rexistro de Parellas de Feito. 

En 2006, un ano despois de que o Goberno do socialista José Luis Rodríguez Zapatero aprobara o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, fixo historia na cidade de Pontevedra ao casarse co seu compañeiro. Aquela voda, a primeira deste tipo na capital provincial, oficiouna o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. 

Verísimo Pazos era, ademais, fillo dun histórico líder do movemento veciñal pontevedrés co que compartía nome: Verísimo Pazos.

FUENTE: EL DIARIO DE PONTEVEDRA. 08/11/2021.

GalegoEspañol