O vindeiro xoves 11 de novembro terá lugar a segunda das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcadas no convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta xornada consistirá nunha charla-coloquio con varias profesionais:
Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga experta en intervención social.
Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.
Dna. Annie Buquet Segarra, avogada na área da Violencia de Xénero.
Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.
Ás 19h. no centro cívico «Os Mallos» de A Coruña -Avda. de Arteixo, 147. 15.007-.