O vindeiro venres 12 de novembro de 2021 terá lugar a terceira das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcada no convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
A xornada consistirá nunha charla-coloquio coa intervención de profesionais de diferentes perfís. Concretamente, nos acompañarán:
Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.
Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xur´ídica.
Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.
Ás 18.h. no centro sociocomunitario de O Carballiño – Rúa Julio Rodríguez Soto, 37. 32.500, O Carballiño, Ourense-.