Select Page
A Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Dna. María Luisa Varela Ínsua -de chaqueta negra, no centro da imaxe- xunto coa coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé -de chaqueta vermella-; a Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña -Dna. Judit Fontela Baro -á dereita desta última-; a Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña, Dna. Eudoxia -«Yoya» Neira Fernández -á esqueda de Dna. María Luisa Varela Ínsua-; a Concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Coruña, Dna. Nazareth Cendán Gayoso -no centro da fotografía-; a súa compañeira Concelleira do Grupo Municipal no Concello de A Coruña, Dna. María Teresa Gutiérrez Roselló -de abrigo marrón, á dereita de Dna. Judit Fontela Baro-; e as profesionais que interviron na xornada, Dna. María del Carmen Rivas Fernández -de verde-; Dna. Paula Suárez Gullón -no outro extremo da imaxe-; Dna. Noelia Gómez Díaz -de blanco, á súa dereita-; e Dna. Annie Buquet Segarra -de negro, á súa dereita-.
Dna. María Luisa Varela Ínsua, Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -de chaqueta negra-; Dna. Judit Fontela Baro -á súa esquerda-, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña; Dna. María José Villamarín Santomé -de chaqueta vermella, á súa esquerda-, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero»; e Dna. Eudoxia -«Yoya»- Neira Fernández -no outro extremo da mesa-, Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña, durante a presentación da xornada.
As catro profesionais que participaron na xornada: Dna. María del Carmen Rivas Fernández -de chaqueta verde-; Dna. Noelia Gómez Díaz -ó seu carón-; Dna. Paula Suárez Gullón; e Dna. Annie Buquet Segarra.
Dna. María del Carmen Rivas Fernández durante a súa intervención
Dna. Paula Suárez Gullón durante a súa intervención
Dna. Noelia Gómez Díaz durante a súa intervención
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero»; e Dna. Judit Fontela Baro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña.
Dna. Noelia Gómez Díaz; Dna. Paula Suárez Gullón; Dna. María del Carmen Rivas Fernández; e Dna. Annie Buquet Segarra durante a presentación da xornada
Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do progarama «Xuntos contra a Violencia de Xénero»; e Dna. Eudoxia -«Yoya»- Neira Fernández, Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» deste xoves 11 de novembro de 2021 no Centro Cívico «Os mallos» de A Coruña

Hoxe, xoves 11 de novembro de 2021, no Centro Cívico «Os Mallos» de A Coruña -Avda. de Arteixo, 147. 15.007, A Coruña-, celebrouse a segunda das xornadas do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcada nun convenio de colaboración entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a posta en marcha deste programa de sensibilización e prevención da lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada estivo presentada pola Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana -Federación anfitriona-, Dna. María Luisa Varela Ínsua, así como pola coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» desde a CoGaVe, Dna. María José Villamarín Santomé.

Asimesmo, participaron na presentación Dna. Judit Fontela Baro, Xefa Territorial de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia na Delegación de A Coruña, como representante da Administración Pública que asinou o citado convebio de colaboración coa CoGaVe; e, tamén, Dna. Eudoxia -«Yoya»- Neira Fernández, Concelleira de Benestar Social do Concello de A Coruña. Ademáis, asistiron representantes de grupos municipais, como as Concelleiras Dna. Nazareth Cendán Gayoso e Dna. María Teresa Gutiérrez Roselló, do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de A Coruña; ou a ex Subdelegada do Goberno na provincia de A Coruña, Dna. Pilar López-Rioboo.

A xornada consistiu nunha charla-coloquio cun enfoque multidisciplinar, dirixida por catro profesionais de diferentes perfís:

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga especialista en intervención social.

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vitimas de Violencia de Xénero.

Dna. Annie Buquet Segarra, avogada na área de Violencia de Xénero.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

A xornada prolongouse durante máis de dúas horas e contou coa receptividade do público asistente, que plantexou dúbidas e cuestións ás profesionais durante as súas intervencións.

GalegoEspañol