Xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» do convenio entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. 12 de novembro de 2021. O Carballiño
Hoxe, venres 12 de novembro de 2021, celebramos a terceira xornada do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcado nun convenio de colaboración entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha de dito programa de prevención e sensibilización contra a lacra social da Violencia de Xénero ó longo de toda Galicia.
A presentación da xornada correu a cargo de D. Manuel Mosquera Rodríguez, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense, e anfitrión nesta data, xa que tivo lugar en O Carballiño -provincia de Ourense-, concretamente no centro sociocomunitario -Rúa Julio Rodríguez Soto, 37. 32.500, O Carballiño, Ourense-; e de Dna. María José Villamarín Santomé, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero».
Ademáis, participaron na mesma D. Claudio Ferreiro Carnero, Vicepresidente da Federación de Asociacións Veciñais «Limiar» da provincia de Ourense, e Vicetesoureiro da CoGaVe; e máis membros da Xunta Directiva da Federación anfitriona.
A xornada consistiu nunha charla-coloquio dirixida por tres profesionais de diferentes perfís:
Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.
Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.
Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.
O público asistente -tanto masculino como feminino, e de idades diversas pero con predominio de terceira idade- mostrouse moi receptivo ás intervencións das profesionais e participaron activamente no coloquio que se xerou ó remate da xornada.