Select Page

O vindeiro xoves 18 de novembro de 2021, terá lugar a quinta xornada do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcada no convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para a posta en marcha do mencionado programa de prevención e sensibilización contra a lacra social da Violencia de Xénero.

A xornada consistirá nunha charla-coloquio desde un enfoque multidisciplinar, coa asistencia e intervención de profesionais de diferentes perfís. En concreto, nesta xornada nos acompañarán:

Dna. Paula SUártez Gullón, pedagoga experta en intervención social.

Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. María del Carmen Rivas Fernández, docente especialista en Igualdade e Violencia de Xénero.

Ás 19h. no local da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -Rúa Luis Ameijide, 10. Entrechán C. 27.003, Lugo-.

GalegoEspañol