O vindeiro sábado 20 de novembro de 2021, celebraremos a sexta xornada do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», enmarcada no convenio de colaboración asinado entre a CoGaVe e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o desenvolvemento e posta en marcha do citado programa de prevención e sensibilización da lacra social da Violencia de Xénero.
A xornada levará por título «Taller de autoprotección para a Muller», e será impartida polo instructor experto en protección e seguridade, membro do clube «OVIEPOL» e da «Federación Asturiana de Luchas Olímpicas y otras disciplinas» D. José Antonio Serrapio Ramos.
Ás 10h. no Ximnasio Municipal de Poio – Camiño da Fábrica, 25. A Seca. 36.995, Poio, Pontevedra-.