Select Page

O vindeiro luns 13 de decembro de 2021, terá lugar a sétima xornada -e xornada de clausura- do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero».

Este programa, de sensibilización, concienciación e prevención da lacra social da Violencia de Xénero, enmárcase nun convenio de colaboración entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Nesta xornada nos acompañarán e dirixirán unha charla-coloquio as seguintes profesionais:

Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero no C.I.M. -Centro de Información Á Muller- de Sarria.

Dna. Paula Suárez Gullón, pedagoga especialista no tratamento de vítimas de Violencia de Xénero.

Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica.

Ás 19h. no Hotel Alfonso IX de Sarria -Rúa Peregrino, 29. 27.600, Sarria, Lugo-.

GalegoEspañol