Select Page
Mesa de presentación da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe en Sarria. De esquerda a dereita da imaxe: D. José Antonio García López, Concelleiro do Grupo Popular no Concello de Sarria; Dna. María Eugenia Valcárcel López, Concelleira de Igualdade do Concello de Sarria; D. Javier Arias Fouz, Delegado Territoria da Xunta de Galicia na provincia de Lugo; Dna. María José Villamarín Santome, coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero» da CoGaVe; e D. Jesús Vázquez Varela, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo e Tesoureiro da CoGaVe.
A pedagoga Dna. Paula Suárez Gullón, durante a súa intervención, na xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe en Sarria.
A avogada e asesora xurídica Dna. Sonia Calvo Tato, durante a súa intervención da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe en Sarria.
A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé -coa pomba símbolo da CoGaVe- e as tres profesionais que nos acompañaron na xornada de hoxe. De esquerda a dereita da imaxe: Dna. Paula Suárez Gullón, Dna. Noelia Gómez Díaz e Dna. Sonia Calvo Tato.
O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela, fixo entrega a Dna. María José Villamarín Santomé, da pomba símbolo da CoGaVe, pola coordinación do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero».
A coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé, recibiu a pomba sím,bolo da CoGaVe polo deseño, organización e posta en marcha de cada unha das xornadas do programa ó longo das catro provincias de Galciia.
Cartel informativo da xornada «Xuntos contra a Violencia de Xénero» de hoxe, luns 13 de decembro de 2021, en Sarria.

Hoxe, luns 13 de decembro de 2021, celebramos a sétima e derradeira xornada -xornada de clausura- «Xuntos contra a Violencia de Xénero», pertencente a un convenio de colaboración entre a CoGaVe -Confederación Galega de Asociacións veciñais «Rosalía de Castro»- e a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para a elaboración e posta en marcha dun programa de prevención e sensibilización desta lacra social que é a Violencia de Xénero.

Esta xornada de clausura tivo lugar en Sarria, no Hotel Alfonso IX -Rúa Peregrino, 29. 27.600, Sarria, Lugo-, ás 19h. e contou coa asistencia e participación do Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela -que é, tamén, Tesoureiro da CoGaVe-; e do Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugoi, D. Javier Arias Fouz; ademáis da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé.

Asistiron, ademáis, o Secretario da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo -e Secretario da CoGaVe, D. Luis Abel Fernández, e máis membros das diferentes Asociacións Veciñais da provincia; así como os Concelleiros de Sarria D. José Antonio García López -Grupo Popular- e Dna. María Eugenia Valcárcel López – Concelleira de Igualdade no Concello de Sarria polo Grupo Camiña Sarria-.

A xornada de hoxe consistiu nunha charla multidisciplinar e posterior coloquio entre todos os asistentes -público feminino e masculino-.

As profesionais que nos acompañaron hoxe foron:

Dna. Noelia Gómez Díaz. Psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero. Traballadora no CIM -Centro de Información á Muller- de Sarria.

Dna. Paula Suárez Gullón. Pedagoga experta en intervención social.

Dna. Sonia Calvo Tato. Avogada e asesora xurídica.

A xornada contou tamén con momentos emotivos, como o agradecemento, por parte da coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. María José Villamarín Santomé, a tódolos profesionais que nos acompañaron ó logo destas sete xornadas.

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, D. Javier Arias Fouz, manifestou o compromiso da Xunta de Galicia coa loita e a concienciación para a erradicación da Violencia de Xénero, materializada en programas como éste.

O Presidente da Federación de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» da provincia de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela, puxo en valor a importancia do tecido asociativo para a implementación de programas como éste, e valorou positivamente a implicación das Administracións neste eido, así como matizou a necesidade de seguir avanzando ata acadar a erradicación desta lacra social que é a Violencia de Xénero.

A xornada finalizou coa entrega ó Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, D. Javier Arias Fouz, do símbolo da CoGaVe: a pomba como metáfora da Liberdade do Movemento Veciñal, como recoñecemento á implicación da Administración á que representa na loita contra a Violencia de Xénero.

Ademáis, a coordinadora do programa «Xuntos contra a Violencia de Xénero», Dna. MAría José Villamarín Santomé, recibiu tamén a pomba símbolo da CoGaVe, polo deseño, organización e posta en marcha de cada unha das xornadas que conformaron o programa ó longo das catro provincias de Galicia.

Agardamos, desde a CoGaVe, que esta iniciativa obtivera os seus froitos e contribuíse a concienciar á sociedade sobre a importancia de loitar todos xuntos -mulleres e homes- contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.

Moitas gracias a tódalas persoas que nos acompañástedes ó longo de todo este programa. Xuntos lograremos o obxectivo.

GalegoEspañol