Select Page

Este ano, 2022, na honra de D. Florencio Manuel Delgado Gurriarán, avogado e poeta ourensán -nado en 1903 en Córgomo, Villamartín de Valdeorras- exiliado en México, e falecido en 1987 en Fair Oaks, EE.UU.

Entre as súas obras máis destacadas, resaltan o poemario «Bebedeira» (1934), «Poesía inglesa e francesa vertida ao galego» (1949) (en colaboración con Plácido R. Castro e Lois Tobío Fernández), e, por riba de todo, «Galicia infinda» (1963), e tamén «O soño do guieiro» (1983).

Lembramos que esta data, 17 de maio, está adicada a conmemorar as nosas letras, as Letras Galegas, en recordo e homenaxe ó 17 de maio de 1863, cando foi publicada a obra «Cantares Gallegos» da gran Rosalía de Castro. Celebración promovida pola Real Academia Galega.

Desde a Confederación Galega de Asociacións Veciñais «Rosalía de Castro» – CoGaVe, Bo Día das Letras Galegas!

Florencio Delgado Gurriarán. Letras Galegas 2022.
«Galicia infinda». Florencio Delgado Gurriarán. 1963.
Rosalía de Castro. O 17 de maio de 1863 publicouse a súa obra «Cantares Gallegos», e o Día das Letras Galegas conmemora esa data e fito.
GalegoEspañol