Formoso recolle as demandas da plataforma «Galicia Baleira» -que aglutina las Federaciones de Asociaciones Vecinales «Lucus Augusti» de la provincia de Lugo y «Limiar» de la provincia de Ourense- para a mellora das infraestruturas, sanidade, atención aos maiores e fiscalidade no rural
by Cogave Cogave | May 26, 2022 | Novas |
O líder dos socialistas galegos valora o traballo do colectivo e sinala que as reivindicacións terán reflexo no programa do PSdeG O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, recolleu hoxe as reivindicacións da Plataforma Galicia Baleira dirixidas á mellora das infraestruturas, os servizos sanitarios, a atención aos maiores ou a fiscalidade no rural. Formoso valorou as aportacións do colectivo e sinalou que as reivindicacións terán reflexo no programa electoral dos socialistas galegos. Así o dixo nun encontro co responsable do colectivo, Jesús Vázquez Varela, así como dunha trintena de colectivos e entidades, na sede da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, no que tamén participaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a deputada provincial Pilar Porto. O responsable socialista recolleu as principais demandas destes colectivos como parte dun amplo dossier coas demandas, que integrará no proxecto dos socialistas galegos par o interior galego. A táboa reivindicativa presentada hoxe pasa pola mellora das conexións ferroviarias entre Lugo e Ourense e entre a capital da provincia e A Coruña, así como a conexión por autovía de Lugo con Santiago e Ourense. Formoso coincidiu na necesidade do reforzo da sanidade pública no interior de Galicia e a urxencia de presentar medidas para resolver o colapso da atención primaria. Os socialistas coinciden tamén, engadiu, na necesidade de implantar residencias de maiores con xestión pública e medidas económicas e unha fiscalidade específica para o rural galego. Formoso salientou a necesidade de implantar cláusulas demográficas na contratación pública, para primar ás empresas que inclúan nos seus proxectos o asentamento nas zonas máis despoboadas.
FUENTE: PSdeG PSOE 26/05/2022