Select Page

A primeira das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen Violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 20 de setembro de 2022 na cidade de Ourense, e máis concretamente no local social da Asociación Veciñal “Virxe de Covandonga”.

A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial polo Presidente da Federación de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense, D. Manuel Mosquera Rodríguez -como anfitrión da Federación integrante da CoGaVe que acollía a xornada-.

A xornada tivo como matiz especial, unha sentida homenaxe á recentemente falecida Presidenta de Honra de dita Asociación, moi querida no barrio Virxe de Covadonga, Dna. Esperanza Martín Borrajo.

O público asistente, tanto masculino como feminino, e de idades diversas, contou tamén con representantes institucionais de diferentes Administracións, tanto do Concello de Ourense, como do Parlamento de Galicia -Dna. Noelia Pérez López-, ademáis de representantes do tecido social e empresarial, como Dna. María Antonia Rilo Veiga.

Ó longo de aproximadamente dúas horas, as profesionais que interviron –Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica; e dúas axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Ourense, das brigadas da UFAM -Unidade de Familia e Muller- e Participación CidadáDna. Lorena Fidalgo-, explicaron e abriron o debate a dúbidas e reflexións acerca da situación actual que estamos a vivir como sociedade no referente á Violencia de Xénero, os perfís dos potenciais agresores e vítimas, as posibilidades que a Lexislación actual ofrece ás vítimas, o acompañamento ás mesmas, o proceso de interposición dunha demanda xudicial neste ámbito, e, tamén, a utilización da aplicación para o móbil AlertCops -de solicitude de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado-.

Distribuíronse, entre as persoas asistentes, dípticos que sintetizan toda a información.

Adxuntamos fotografías da xornada, así como o cartel de anuncio da mesma.

GalegoEspañol