Select Page

A terceira das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 26 de setembro de 2022 na cidade de Ferrol, e máis concretamente no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Dna. Martina Aneiros Barros, como anfitrioa do local que acollía a xornada, ademáis de representante da entidade que subvenciona o programa -a Xunta de Galicia-; ademáis do Tesoureiro da CoGaVe -en representación do Presidente da CoGaVe, D. Fernando Rois Rois, que por motivos de axenda non puido asistir-, D. Jesús Vázquez Varela; e do Presidente da Federación de Asociacións Veciñais “Roi Xordo” de Ferrol, D. Andrés Medín Fernández -como anfitrión da Federación integrante da CoGaVe que acollía a xornada-.

O público asistente foi, novamente, tanto masculino como feminino, e de idades diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan.

Ó longo de máis de dúas horas, os profesionais que interviron -Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; e Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica, dirixiron o debate, cada unha delas desde o seu perfil profesional, e convidaron ó público asistente a participar coas súas dúbidas e reflexións. A xornada foi moi participativa e enriquecedora, precisamente, grazas á intervención de diversas persoas do público que plantexaron diversas cuestións relacionadas con este grave problema.

Novamente, abordouse a importancia crucial que ten, de cara á prevención de futuros casos de Violencia de Xénero, a Educación en Valores e no Respecto e a Igualdade desde as idades máis temperás, e non só

nas escolas, senón tamén, e fundamentalmente, no entorno máis cercano ós nenos e nenas -o fogar-.

Agardábase, para esta xornada, a participación dun representante do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Ferrol, que, finalmente, por motivos de axenda, non puido asistir. En contrapartida, foi posible prolongar o tempo de debate co público asistente.

Na mesa inicial, de carácter institucional, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Dna. Martina Aneiros Barros, matizou a aposta decidida desta Administración pola loita contra a Violencia de Xénero, gran lacra social dos noso días, e agradeceu á CoGaVe que tivese escollido a cidade de Ferrol para a celebración dunha das xornadas do seu programa.

Impartíronse dípticos con toda a información.

GalegoEspañol