Select Page

A cuarta das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 6 de outubro de 2022 na cidade de Vigo, e máis concretamente no Edificio de Sesións da Autoridade Portuaria de Vigo.

A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. Susana López Abella, como máxima representante da entidade que subvenciona o programa -a Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia-; ademáis do Presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, D. Fernando Rois Rois -máximo representante da entidade que dirixe o programa-; do Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, D. Jesús Vázquez Almuiña -anfitrión do local que acollía a xornada-; e da Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo, Dna. María Asunción Pérez González -como máxima da Federación integrante da CoGaVe que acollía a xornada-.

O público asistente foi moi numeroso, e tanto masculino como feminino, e de idades diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan.

Ó longo de case tres horas, os profesionais que interviron –Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica; Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica; e D. Guillermo Martínez Comesaña, Oficial do Corpo Nacional de Policía da UFAM -Unidade de Familia e Muller- da Comisaría de Vigo-Redondela, impartiron sendas ponencias, cada unha delas desde o seu perfil profesional, e iniciaron o debate, convidando ó público asistente a participar coas súas dúbidas e reflexións, resultando unha xornada moi participativa e, polo tanto, tamén moi enriquecedora, ó dispór dunha visión multidisciplinar do tratamento e loita contra a Violencia de Xénero -que é como o entendemos desde a CoGaVe-.

Novamente, abordouse a importancia do coñecemento das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis da prevención de futuros casos de Violencia de Xénero, que únicamente poderá lograrse mediante a Educación en Valores e no Respecto e a Igualdade desde as idades máis tempranas, e non són nas escolas, senón tamén, e fundamentalmente, no entorno máis cercano ós nenos e nenas -o fogar-.

Na mesa inicial, de carácter institucional, a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. Susana López Abella, como máxima representante presente da entidade que subvenciona o programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen Violencia.”, matizou as diferentes medidas que puxo en marcha a Xunta de Galicia na loita contra esta lacra social, ademáis da aposta decidida por programas como este, dirixido pola CoGaVe, para levar á sociedade de toda Galicia, a través do tecido asociativo, estas medidas.

Pola súa parte, o Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, D. Jesús Vázquez Almuiña, anfitrión do local que acollía a xornada, agradeceu á CoGaVe a elección da cidade de Vigo para desenvolver dita xornada e púxose a disposición de acoller cantas iniciativas desta índole lle foran propostas, na loita e prevención desta lacra social que é a Violencia de xénero, e que precisa a implicación de tódalas Administracións e Axentes Sociais.

A xornada contou, ademáis, cunha ampla representación institucional entre o público, como a Secretaria do Parlamento de Galicia, Dna. María Corina Porro Martínez; ademáis das Deputadas no Parlamento de Galicia, Dna. Teresa Egerique Mosquera e Dna. Felisa Rodríguez; ademáis da Concelleira do Grupo Popular no Concello de Vigo Dna. Carla Bartolomé Tocino.

Repartíronse dípticos con toda a información.

GalegoEspañol