A quinta das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 13 de outubro de 2022 na cidade de Ourense, e máis concretamente no local social da Asociación Veciñal “O Castelo” – Barrio de A Carballeira.
A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial polo Presidente da Federación de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense, D. Manuel Mosquera Rodríguez -como máximo da Federación integrante da CoGaVe que acollía a xornada-.
O público asistente foi tanto masculino como feminino, e de idades moi diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan, e que permitiu, tamén, enriquecer o debate a través das diferentes visións.
Ó longo de máis de dúas horas, os profesionais que interviron –Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica; e Dna. Lorena Fidalgo, axente da Brigada de participación Cidadá da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ourense, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero.
Resultou, ademáis, moi enriquecedora, a escoita de diferentes experiencias entre membros do público asistente -e de idades moi dispares entre sí-. Isto motivou, tamén, a participación, ademáis das profesionais presentes, de que os demáis membros do público se animasen a intervir e expór as súas impresións ó respecto. En definitiva: resultou unha xornada moi participativa e enriquecedora, especialmente, polas intervencións do público, que foron particularmente esclarecedoras da situación actual como sociedade.
Novamente, abordouse a importancia do coñecemento dos diferentes perfís psicolóxicos, tanto de vítimas como de agresores; ademáis das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis, volveuse a explicar o funcionamento, sinxelo, da aplicación para o móbil AlertCops, de petición de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Distribuíronse dípticos con toda a información.