A sexta das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 24 de outubro de 2022 na cidade de Ourense, e máis concretamente no local social da Asociación Veciñal “Os Montes”.
A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. Susana López Abella, como máxima representante da entidade que subvenciona o programa -a Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia-; ademáis de Dna. María Milagros Fernández Fernández, membro da Xunta Directiva da Federación de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense e Vicesecretaria da CoGaVe -en representación de D. Manuel Mosquera Rodríguez, Presidente da Federación de Asociacións Veciñais “Limiar” de Ourense, que por motivos de axenda non puido asistir, integrante da CoGaVe, ademáis de Federación anfitriona por acoller esta xornada-.
O público asistente foi, novamente, tanto masculino como feminino, e de idades diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan.
Ó longo de máis de dúas horas, os profesionais que interviron -Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica; e Dna. Lorena Fidalgo, axente da Brigada de participación Cidadá da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ourense, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero.
Resultou unha xornada moi enriquecedora, pola participación do público asistente no debate xerado trala escoita das ponencias das profesionais, cada unha desde o seu perfil.
Novamente, abordouse a importancia do coñecemento dos diferentes perfís psicolóxicos, tanto de vítimas como de agresores; ademáis das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis, volveuse a explicar o funcionamento, sinxelo, da aplicación para o móbil AlertCops, de petición de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Na mesa inicial e de presentación da xornada, a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. Susana López Abella, e máxima representante presente da entidade que subvenciona o programa dirixido pola CoGaVe -a Consellería de promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia-, manifestou, unha vez máis o apoio da Xunta de Galicia a este tipo de iniciativas, de achegar á cidadanía de toda Galicia, a través da CoGaVe -o tecido asociactivo- as medidas que se atopan a disposición da sociedade para abordar a loita contra esta lacra social que é a Violencia de Xénero.
Repartíronse dípticos con toda a información.