Select Page

A sétima das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 2 de novembro de 2022 na cidade de Ourense, e máis concretamente no local social da Asociación Veciñal “Santa Teresita”.

A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial polo Presidente da Asociación Veciñal “Santa Teresita” -e anfitrión por acoller dita xornada-, D. Senén Rodríguez.

O público asistente foi tanto masculino como feminino, e de idades moi diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan.

Ó longo de máis de dúas horas, os profesionais que interviron –Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica; Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica; e Dna. Lorena Fidalgo, axente da Brigada de participación Cidadá da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ourense, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero.

Resultou, ademáis, moi enriquecedora, a escoita de diferentes experiencias entre membros do público asistente -e de idades moi dispares entre sí-. Isto motivou, tamén, a participación, ademáis das profesionais presentes, de que os demáis membros do público se animasen a intervir e expór as súas impresións ó respecto. En definitiva: resultou unha xornada moi participativa e enriquecedora, especialmente, polas intervencións do público, que foron particularmente esclarecedoras da situación actual como sociedade.

Novamente, abordouse a importancia fundamental da Educación no Respecto, na Igualdade e nos Valores, desde as idades máis temperás, para abordar a loita e a prevención desta lacra social que é a Violencia de Xénero; ademáis das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis, volveuse a explicar o funcionamento, sinxelo, da aplicación para o móbil AlertCops, de petición de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

GalegoEspañol