Select Page

12 de Novembro de 2022

Os premios recoñecen a traxectoria de persoas e entidades implicadas co movemento veciñal

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asistiu hoxe en Lugo á entrega dos premios anuais da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), que congregou a unha ampla representación de representantes políticos, sociais, culturais e veciñais de toda a comunidade autónoma.

Os premios recoñecen a traxectoria de persoas e entidades implicadas co movemento veciñal.

Formoso entregou os galardóns correspondentes á federación veciñal da provincia da Coruña, que este ano recoñeceron á alcaldesa da Coruña, Inés Rey García, e á Fundación Meniños.
O presidente felicitou as gañadoras e destacou a importancia de que os gobernos locais manteñan canles de comunicación directas e fluídas coas entidades veciñais, escoitando e atendendo as súas demandas.

FONTE: PÁXINA WEB DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA 12/11/2022

GalegoEspañol