A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro, «CoGaVe», que preside Fernando Rois, entegaba esta mañá en Lugo, os galardóns aos gañadores dos novenos premios CoGaVe «Crer no Movemento Veciñal», entre os que se atopaba o Alcalde de Arbo, Horacio Gil.
Os Premios CoGaVe pretenden recoñecer e premiar o traballo e a traxectoria de persoas e entidades que defenden e apoian os valores do movemento veciñal.
Entre os homenaxeados tamén se atopaba a alcaldesa de A Coruña, o presidente do Lugo, Cáritas de Ourense, o Xefe de cardioloxía do H.U.L.A. , o Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Protección Civil de Ferrol, entre outros
Parabéns Horacio!!!
FONTE: FACEBOOK DO CONCELLO DE ARBO 12/11/2022