Select Page

A oitava das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 17 de novembro de 2022 na cidade de Vigo, e máis concretamente no local social da Asociación Veciñal “Camiño Vello de Coia”.

A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial polo Presidente de dita Asociación Veciñal –“Camiño Vello de Coia” e Secretario da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo -en representación da Presidenta de dita Federación integrante da CoGaVe e anfitriona por acoller dita xornada, Dna. María Asunción Pérez González, que por motivos de axenda non puido asistir-, D. José Manuel Costas Quesada; e do membro da Xunta Directiva da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo e Vogal da CoGaVe Dna. Sandra Rocío Lara Marqués.

O público asistente foi numeroso, e tanto masculino como feminino, e de idades moi diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan, e que permitiu, tamén, enriquecer o debate a través das diferentes visións.

Ó longo de case tres horas, os profesionais que interviron –Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista en vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica; e D. Guillermo Martínez Comesaña, axente da Brigada da UFAM, Unidade Familia e Muller da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vigo-Redondela, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero.

Resultou, ademáis, moi enriquecedora, a escoita de diferentes experiencias entre membros do público asistente -e de idades moi dispares entre sí-. Isto motivou, tamén, a participación, ademáis das profesionais presentes, de que os demáis membros do público se animasen a intervir e expór as súas impresións ó respecto. En definitiva: resultou unha xornada moi participativa e enriquecedora, especialmente, polas intervencións do público, que foron particularmente esclarecedoras da situación actual como sociedade.

Novamente, abordouse a importancia do coñecemento dos diferentes perfís psicolóxicos, tanto de vítimas como de agresores; ademáis das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis, volveuse a explicar o funcionamento, sinxelo, da aplicación para o móbil AlertCops, de petición de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Distribuíronse dípticos con toda a información.

GalegoEspañol