A décima das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 21 de novembro de 2022 na cidade de Lugo, e máis concretamente no local social da Asociación Veciñal “San Andrés de Castro”, na parroquia lucense de Conturiz.
A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial polo Presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe -entidade que organiza e dirixe o programa-, D. Fernando Rois Rois; e pola Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Dna. María José Gómez -como representante da entidade que subvenciona o programa, a Xunta de Galicia-.
O público asistente foi numeroso, e tanto masculino como feminino, e de idades moi diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan, e que permitiu, tamén, enriquecer o debate a través das diferentes visións.
Ó longo de máis de dúas horas, os profesionais que interviron –Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; e Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero.
Resultou, ademáis, moi enriquecedora, a escoita de diferentes experiencias entre membros do público asistente -e de idades moi dispares entre sí-. Isto motivou, tamén, a participación, ademáis das profesionais presentes, de que os demáis membros do público se animasen a intervir e expór as súas impresións ó respecto. En definitiva: resultou unha xornada moi participativa e enriquecedora, especialmente, polas intervencións do público, que foron particularmente esclarecedoras da situación actual como sociedade.
Novamente, abordouse a importancia do coñecemento dos diferentes perfís psicolóxicos, tanto de vítimas como de agresores; ademáis da importancia crucial da Educación en Valores, Respecto e Igualdade desde as idades máis temperás, como mellor medida de prevención da Violencia de Xénero.
Distribuíronse dípticos con toda a información.