Select Page

A undécima das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 24 de novembro de 2022 na cidade de A Coruña, e máis concretamente no Centro Cívico Cidade Vella.

A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. Susana López Abella, como máxima representante presente da entidade que subvenciona o programa -a Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia-, ademáis da Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, Dna. María Luisa Varela Ínsua -como máxima representante da Federación integrante da CoGaVe e anfitriona, ó acoller á xornada-; da Subdelegada do Goberno de España na provincia de A Coruña, Dna. María Rivas López; e da Concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, ademáis de Segunda Tenente de Alcaldesa do Concello de A Coruña, Dna. Eudoxia Neira Fernández.

O público asistente foi tanto masculino como feminino, e de idades moi diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan, e que permitiu, tamén, enriquecer o debate a través das diferentes visións.

Ó longo de máis de dúas horas, os profesionais que interviron –Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica; e o xefe da UFAM -Unidade de Familia e Muller- da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de A Coruña, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero.

Resultou, ademáis, moi enriquecedora, a escoita de diferentes experiencias entre membros do público asistente -e de idades moi dispares entre sí-. Isto motivou, tamén, a participación, ademáis das profesionais presentes, de que os demáis membros do público se animasen a intervir e expór as súas impresións ó respecto. En definitiva: resultou unha xornada moi participativa e enriquecedora, especialmente, polas intervencións do público, que foron particularmente esclarecedoras da situación actual como sociedade.

Novamente, abordouse a importancia do coñecemento dos diferentes perfís psicolóxicos, tanto de vítimas como de agresores; ademáis das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis, volveuse a explicar o funcionamento, sinxelo, da aplicación para o móbil AlertCops, de petición de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Impartíronse dípticos con toda a información.

GalegoEspañol