A duodécima e derradeira das xornadas do programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” do ano 2022, organizada pola CoGaVe – Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” e subvencionada pola Consellería de Promoción do Emprego e a Igualdade da Xunta de Galicia, celebrouse o día 26 de novembro de 2022 na parroquia de Viladonga -pertencente ó Concello de Castro de Rei, na Terra Chá da provincia de Lugo-, e máis concretamente no local social da Comunidade de Montes En Man Común Rodela e Touzón de Viladonga.
A xornada estivo presentada pola directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, que estivo acompañada na mesa inicial polo Delegado Territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, D. Javier Arias Fouz -como máximo representante presente da entidade que subvenciona o programa, a Xunta de Galicia-; o Presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” – CoGaVe, D. Fernando Rois Rois, como máximo representante da entidade que organiza e dirixe o programa, a CoGaVe; o Presidente da Federación de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo, D. Jesús Vázquez Varela -como máximo da Federación integrante da CoGaVe que acollía a xornada-; e o Alcalde do Concello de Castro de Rei, D. Francisco Javier Balado Teijeiro.
A Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Dna. Susana López Abella, tiña confirmada a súa asistencia a esta xornada de clausura, pero por motivos de axenda non puido acodir, aínda que enviou un vídeo que se proxectou no transcurso da presentación.
O público asistente foi moi numeroso, e tanto masculino como feminino, e de idades moi diversas, como pode apreciarse nas fotografías que se adxuntan, e que permitiu, tamén, enriquecer o debate a través das diferentes visións.
Ó longo de case tres horas, os profesionais que interviron, que foron a totalidade dos que participaron ó longo de todo o programa –Dna. María Núñez Torreiro, psicóloga e terapeuta de vítimas de Violencia de Xénero; Dna. Sonia Calvo Tato, avogada e asesora xurídica; Dna. Paula Suárez Gullón, perito xudicial en pedagoxía e psicopedagoxía clínica; Dna. Noelia Gómez Díaz, psicóloga especialista no tratamento a vítimas de Violencia de Xénero; e un representante do Corpo Nacional de Policía, en concreto, o Secretario da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Lugo, D. Guilermo Brao Viñas, dirixiron o debate que se propiciou, trala impartición de sendas ponencias -cada unha desde o seu perfil profesional-, de cara á loita contra a Violencia de Xénero desde un enfoque multidisciplinar, que é como o entendemos desde a CoGaVe.
Resultou, ademáis, moi enriquecedora, a escoita de diferentes experiencias entre membros do público asistente -e de idades moi dispares entre sí-. Isto motivou, tamén, a participación, ademáis das profesionais presentes, de que os demáis membros do público se animasen a intervir e expór as súas impresións ó respecto. En definitiva: resultou unha xornada moi participativa e enriquecedora, especialmente, polas intervencións do público, que foron particularmente esclarecedoras da situación actual como sociedade.
Ademáis, cúmpre sinalar que esta xornada, por ser a de clausura, serviu tamén como foro de lembranzas de todo o programa, ó longo das diferentes provincias galegas.
Tanto por parte de todos os representantes institucionais presentes, como dos profesionais, e da propia directora do programa, Dna. María José Villamarín Santomé, expresáronse as conclusións satisfactorias de ter realizado este programa e ter achegado á cidadanía de toda Galicia, a través do tecido asociativo que supón a CoGaVe, as medidas para loitar, entre todos, como sociedade, contra a lacra social que aínda no ano 2022 é a Violencia de Xénero.
Novamente, abordouse a importancia do coñecemento dos diferentes perfís psicolóxicos, tanto de vítimas como de agresores; ademáis das ferramentas legais que están a disposición das vítimas na actualidade, así como a axuda que supón o acompañamento ás mesmas; ademáis, volveuse a explicar o funcionamento, sinxelo, da aplicación para o móbil AlertCops, de petición de axuda ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Impartíronse dípticos con toda a información.
Nesta xornada, ademáis, deuse lectura a un texto, por parte de tódolos profesionais, e, cada un deles, desde o seu perfil, matizou a temática da Violencia de Xénero dentro do mesmo.
Ademáis, participaron no agradecemento os anfitriones da xornada: o Presidente da Comunidade de Montes En Man Común Rodela e Touzón de Viladonga, D. Antonio Villamarín Rielo; así como o Presidente da Asociación Veciñal de Viladonga, D. Alfonso Barja Teijeiro.
Con esta xornada poñemos, desde a CoGaVe, o punto e seguido a este proxecto, e agradecemos á Xunta de Galicia a súa implicación na aposta por este programa “Xuntos contra a Violencia de Xénero. Por unha sociedade sen violencia” que diriximos. Ogallá lograramos achegarnos á erradicación total da Violencia de Xénero. Mentres isto non sexa unha realidade, a CoGaVe seguirá estando, tamén neste ámbito, a disposición da sociedade galega.