9 Marzo, 2023
A Federación provincial de Asociacións Veciñais “Lucus Augusti” de Lugo m0stra o seu apoio a construción da Rolda Leste. Tal e como declaran dende a asociación “defendemos, unha vez máis, tras máis de 10 anos facéndoo, a implementación e posta en funcionamento da Rolda Leste, por constituír unha infraestrutura fundamental, necesaria e dunha utilidade incuestionable para a cidade de Lugo, xa que permitiría o desconxestionamento de tráfico da estrada perimetral do río Rato, ademais da ronda das Fontiñas, e dos barrios da zona sur da cidade de Lugo”.
Desde a Federecaión tamén solicitan que “o impacto ambiental que se derive da posta en funcionamento da tan necesaria Rolda Leste, sexa, por suposto, o mínimo posible, e é esa un labor que corresponde aos técnicos e que é, en todo caso, factible” e remarcan que “non pretendemos, desde a nosa entidade, en ningún caso, danar a contorna natural do río Rato, e estudaremos o proxecto, a fin de facer alegacións que o poidan mellorar a este respecto”. Decláranse “sen ningún tipo de dúbida” grandes defensores desta contorna natural privilexiada, e piden “atopar o equilibrio entre unha infraestrutura necesaria e unha área verde que debemos preservar e coidar”.
Para a Federación é importante atopar “o consenso e o equilibrio entre preservar un espazo natural único e pechar o anel perimetral de Lugo cunha infraestrutura imprescindible, en especial, para os veciños da zona sur da provincia lucense” e remarcan que “sentimonos moi orgullosos do espazo natural do río Rato c0mo demostramos coa organización de actividades destinadas a promocionar o mesmo, como a camiñada anual pola devandito contorna ata o Ponte da Chanca, entre outras”.
FONTE: LUGOXA 09/03/2023.