Select Page

Día Da Árbore, organizado pola Federación provincial de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» de Lugo -membro da CoGaVe- para conmemorar o Día dos Bosques

Esta mañá colaboramos no día da árbore con 250 plantas de lavanda, tomiño e romeu, entre outras especies aromáticas de efectos mediciñais.

???? É necesario desenvolver accións como esta, de concienciación medioambiental e de coidado dos espazos naturais. Debemos fomentar a corresponsabilidade cidadá na preservación e mellora da nosa contorna, máis nun momento en que afrontamos grandes retos na loita contra o cambio climático, que nos afecta a todas as esferas da vida, na alimentación, na saúde, no uso da auga, na nosa mobilidade ou mesmo na protección da biodiversidade.

FONTE: FACEBOOK DO CONCELLO DE LUGO 25/03/2023.

GalegoEspañol