Select Page

O Presidente da Deputación Provincial de Lugo, D. José Tomé Roca, participa na celebración do Día da Árbore organizado pola Federación provincial de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» de Lugo -membro da CoGaVe-, que congregou a máis de 200 persoas no entorno do Rato

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Alcaldesa Lara Méndez López, participa na celebración do Día da Árbore organizado pola Federación Veciñal, que congregou a máis de 200 persoas no entorno do Rato.

????A institución colaborou poñendo a disposición unha parcela de titularidade provincial para a plantación de 20 castiñeiros e tamén entregou unha árbore autóctona a cada un dos asistentes ao encontro.

????José Tomé enmarcou este apoio “na ampla estratexia de actuación” da Deputación “na que combinamos o coidado e a posta en valor do medio ambiente co impulso de políticas que aproveiten estes inmensos recursos naturais cos que contamos na nosa provincia para favorecer o desenvolvemento social e económico dunha maneira sostible”.

????A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que Lugo é unha cidade xa recoñecida en Galicia é fóra da comunidade por ser pioneira nun modelo de cidade sostible de xeito transversal.

FONTE: DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. FACEBOOK DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO 25/03/2023.

GalegoEspañol