A XXXII Festa da Filloa preséntase en Madrid
Unha delegación de Muimenta, na Terra Chá lucense, deu a coñecer a cita na Casa de Galicia, onde varias filloeiras preparan unha degustación deste típico manxar que vivirá o seu día grande o día 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila.
REDA
25/ABR./23
Ana, Dosinda, Martina e Sesa son as encargadas este martes de conquistar padais na capital de España coa preparación do tradicional manxar ao que Muimenta lle rende homenaxe o día 1 de maio: a filloa.
Unha delegación da cita, encabezada polo presidente da comisión organizadora, Daniel Pollán; o coordinador desta, José Manuel Rus, e o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, viaxou ata Madrid para presentar a XXXII Festa da Filloa de Muimenta na Casa de Galicia de Madrid, convidados polo director da institución, Juan Serrano López.
Así, os participantes no acto, fixado para as sete da tarde deste martes e pensado para dar a coñecer fóra das fronteiras da comunidade unha celebración que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2008, non só poideron oír falar das bondades da festa e do manxar ao que lle rende tributo, senón tamén saborealo.
FUENTE: EL PROGRESO 25/04/2023.