Select Page

A Xunta de Galicia participa na presentación da XXVI Feira de Produtos do Campo e artesanía que acolle esta fin de semana o barrio da Milagrosa en Lugo

Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da XXVI Feira de Produtos do Campo e Artesanía organizada pola asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, que se celebra desde mañá ata o domingo.

Arias interviu no acto xunto co presidente do colectivo, Jesús Vázquez, e outros representantes das entidades implicadas. Apuntou que a Administración autonómica colabora con esta festa, que durante a fin de semana “potenciará a actividade económica na zona” e “promocionará a extraordinaria calidade e variedade dos produtos agroalimentarios da nosa provincia”.

A feira contará con produtores lucenses, do resto de Galicia e tamén doutras comunidades autónomas. Nos expositores haberá ademais unha ampla oferta de artesanía; e o programa complétase con actuacións musicais durante as tres xornadas.

FUENTE: 21 NOTICIAS 04/05/2023.

GalegoEspañol