Desde a Federación provincial de Asociacións Veciñais «Limiar» de Ourense -membro da CoGaVe-, animámosvos a participar na andaina turística e comida popular solidaria a favor de ASFAVAL -Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras- o vindeiro 11 de xuño
Inscripcións na seguinte dirección:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2548/i-andaina-solidaria-do-canal-romano-a-favor-de-asfaval
PROGRAMA
- 8:30 : Inicio de comprobación de inscripcións e entrega de pulseras identificativas.
- 9:30 : Saída ou comezo da I andaina.
A andaina ten unha estimación aproximada entre unhas 3 ou 4 horas, polo que ás 14:00 horas estaremos de volta.
AVITUALLAMENTO
- Disporemos dun avituallamento a metade de ruta no pobo O Seixo (O Bolo) con líquidos e sólidos.
- É recomendable depositar os restos de lixo nas zonas indicadas pola organización e non avanzar pola travesía con ningún tipo de material.