Select Page

6 Febreiro, 2024

Desde a plataforma Lugo en Pé… en Defensa do Rural” e a Plataforma Galicia Baleira piden aos diferentes partidos que se presentan ás eleccións autonómicas que se posicionen respecto ao tema do destino ou utilización do chamado canon da auga. “O canon da auga é de cobranza obrigatoria por parte dos Concellos e estes teñen que transferir o seu importe integro á Xunta de Galicia”.

Sinalan que nos últimos 10 anos o Concello de Lugo recadou en concepto de canon da auga uns 14 millóns de euros pero que a Xunta  non destinou nin un só euro ao saneamento das parroquias do Concello, “saneáronse Concellos exclusivamente do partido do Goberno actual da Xunta de Galicia”.

Por estes motivos e “tendo en conta que temos a maior parte do rural do Concello de Lugo sen sanear”, piden que o diñeiro que se recada en concepto de canon da auga no Concello se reinvista reinvístase en sanear as parroquias.

FONTE: LUGOXA. 06/02/2024.

GalegoEspañol