A Federación provincial de Asociacións Veciñais «Lucus Augusti» de Lugo -membro da CoGaVe- celebra o Día da Árbore cunha plantación no río Rato by Cogave Cogave | Mar 5, 2024 | Novas | 0 comments 5 Marzo, 2024 O vindeiro sábado 23 de marzo, a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lugo Lucus Augusti celebra o Día da Árbore na contorna do río Rato, coa colaboración da Deputación Provincial e o Concello de Lugo. Realizarase unha plantación por parte das autoridades de 20 nogueiras e loureiros.Posteriormente, entregarase a cada asistente por parte da Deputación unha árbore autóctona para que o plante onde estime conveniente e unha planta medicinal aos membros do Concello. Despois da plantación, co obxectivo de promocionar produtos da provincia, os asistentes degustarán unha comida veciñal a base de empanada, pan e embutidos, que corre a cargo do colectivo.A agrupación estará acompañada por preto duns 200 representantes de asociacións veciñais de toda a provincia. Desde a federación veciñal levan máis de 20 anos homenaxeando esta xornada, que terá lugar nesta edición no cruce do Rato coa estrada de Fonsagrada, coincidindo co inicio da primavera para concienciar á xente no respecto ao medio ambiente.O colectivo comezou celebrando esta data en xardíns de distintos barrios da cidade, por distintas parroquias do municipio como Conturiz e tamén en diversos concellos da provincia O Incio, Corgo ou Sarria.FONTE: LUGOGOXA. 05/03/2024. Submit a Comment Cancelar la respuestaTu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *Comentario Nombre * Correo electrónico * Web Guarda mi nombre, correo electrónico y web en este navegador para la próxima vez que comente.